ABSTCOVAS trátase dun blog creado por xente que ten un especial agarimo ás praias de Cobas. Este blog colectivo comezou pola iniciativa principal de Oki, un drop-knee rider de Cobas. Ao ser tanta xente a que escribe no blog esta cheio de información actualizada.
Trátase dun grupo aberto, no que hai corcheiros, corcheiras, surfeiros e surfeiras e todo o que chegue é benvido.. Algúns dos que participan no blog actualmente son Brandán (surf), Sergio e Chinés (Body), Marta e Xabi (Body), Branca (Body), Osky (Surf) e Pable (body).
Adoitan colgar vídeos e fotos relacionadas con deportes de deslizamiento en xeral. Pero sobre todo de surf e body. Tamén son afeccionados ao skim, a buscar ondas de rio (de feito mirade nos videos un que pon o hurón), e ó skate. Tamén podedes ver crónicas das súas viaxes. A idea de Abstcobas empezou fai máis de 10 anos dunha xente de Cobas (dos cales a mayoria escribe no blog, outros deixaron de surfear).
ABST ven de Aerial Body Surf Team
Podedes visitalo en http://abstcovas.blogspot.com