Recuperada unha das pranchas roubadas en Asturies

O mércores recibimos este emial de Mariano García: "A principios do mes de Agosto, foi recuperada só unha das táboas roubadas en Frexulfe o 4 de Xullo. A táboa recuperada é a Randy French 8'0'' Hybrid Wood. Apareceu preto da localidade de Porto de Veiga nun casetón no camiño á praia de Baraio. Os ladróns parece ser que ser arrepentiron do roubo e deixárona alí tirada. Os propietarios do casetón, que coñecían a noticia do roubo, avisaron á Garda Civil de Navia e devolveron a táboa. Quérovos dar a todos as grazas polo interese mostrado e a axuda prestada.

Aínda non apareceu a outra táboa roubada, McTavish 9'1'' F4 SLX HP.

Noticia do roubo:

http://www.surfgz.com/index.php?option=com_content&view=article&id=611:duas-pranchas-roubadas-en-navia-asturies&catid=61:outras&Itemid=132

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.