O mar dende o monte parece unha fonte: Rostro XL

Surf na Costa da Morte - Chegando á praia comecei a comprobar que as miñas sospeitas eran acertadas. Marcando windguru máis de 4 metros... era difícil que Rostro aguantase o tamaño de forma ordenada e "razonable".

Photobucket

A pesar diso, aproveitando que estaba completamente só na praia e escoitando boa música, regaleime uns minutos, collín a cámara e prepareime por si viña algunha ola digna de fotografiar. E tanto que veu...

rostro xl


Rompeu máis de un dereitón de película, pero o precio que había que pagar para disfrutalo, parecíame demasiado. Moi caro remontar atravesando barrotes grandes, ocos, arenosos, con pouco fondo e corrientada cara o norte, cara o mar de espumóns debido á orientación oeste do mar de fondo.

Pero canto máis esperaba, e máis olas vía, máis ganas tiña de pegarme un bo baixadón. A música non facía absolutamente nada por intentar frenarme. Xa disfrutei varias veces da sensación de estar completamente só, ninguén na auga nin en terra, rodeado de olas "rompebarcos". Incha o peito, parece que os pulmóns se che duplican de tamaño. A forza e a resistencia á dor aumentan. E cando me papa unha ola (non vos riades, probádeo) penso para min que son un superhome, que non me vai a pasar nada nin de coña, e xa está.

Imaxínome dende fora, un puntiño negro nun mar branco. Imaxino a unha gacela toreando a unha manada de leonas famentas, ríndose delas. Así me sinto por momentos. Anque son consciente de que un zarpazo en mal sitio, e podes quedar ferido. Ferido entre leonas, mal sitio.

Se queres continuar lendo este artigo podes facelo no blog de Rubén Prieto:

http://surfcostadamorte.blogspot.com/2009/10/o-mar-dende-o-monte-parece-unha-fonte.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.