Aberto o programa de Becas ISA

Image Ábrese o período de aplicacións para o Programa de Bolsas Individuais da ISAA International Surfing Association (ISA), Autoridade Gobernante do Surfing no mundo, abre o período de recepción de aplicacións para o Programa de Bolsas Individuais da ISA. A ISA pretende premiar con máis de 40 bolsas aos surfeiros juniors do mundo.

O Programa de Bolsas está aberto para todos os surfeiros de 18 anos ou menos. Os aspirantes deben demostrar necesidade financeira, ir ao colexio, ter boas notas e deben ser un modelo de inspiración para a comunidade surfeira. 


O principal obxectivo do Programa de Bolsas Individuais da ISA é prover soporte financeiro buscando facilitar a experiencia do surfing salientando ao mesmo tempo, a importancia da educación. O diñeiro debe ser utilizado para surfear en eventos, comprar novo equipamento e/ou incentivar a educación do surfeiro. O programa ofrece e significa un incentivo extra para as federacións nacionais para que poidan enviar equipos aos eventos da ISA, xa que os gañadores da bolsa poden sacar proveito da experiencia para converterse en mellores surfeiros, potenciais campións nacionais ou tamén posibles campións mundiais, sempre continuando coa súa educación.

O 2010 será o cuarto ano do Programa de Bolsas Individuais da ISA. No 2009, corenta surfeiros de África, Australasia, as Américas e Europa recibiron axuda financeira e equipamento para o surfing para seguir desenvolvéndose a nivel surfístico e educativo. Os 40 gañadores son excelentes estudantes, surfeiros e modelos de inspiración para toda a tribo surfera.

A ISA é a primeira e única asociación surfística en prover soporte global especificamente dedicado a desenvolver as habilidades surfíticas e educativas. Moitos deportes contan con distintas organizacións que ofrecen asistencia financeira a atletas, pero a ISA decidiu dar o primeiro paso no surfing buscando que a industria e os medios apoien o proxecto que sen dúbida fará ao surfing máis forte nos anos que seguen. Hai miles de potenciais gañadores da Bolsa da ISA no mundo e, seguindo unha das súas máis importantes misións, a ISA decidiu axudar aos surfeiros xuvenís... Por un mellor futuro no surfing.

Os Programas de Bolsas da ISA continuamente excedeu as súas expectativas grazas ao xeneroso achegue de Billabong, a Quiksilver Foundation, Reef Redemption e Global Surf Industries (GSI). O programa comezou con cinco gañadores en 2007, cuadriplicándose en 2008 con 20. A ISA logo dobrou a cantidade en 2009 con 40 bolsas entregadas. Para este ano a ISA pretende aumentar este número.

Fernando Aveza, Presidente da ISA, dixo sobre o gran avance do programa: "Estou moi feliz que fomos capaces de pasar de 5 a 20 e logo a 40 gañadores do Programa de Bolsas da ISA. Isto foi posible grazas ás xenerosas doazóns de Billabong, a Quiksilver Foundation, Reef Redemption e Global Surf Industries, cada un deles contribuíron con diñeiro ou doazóns de táboas. É xenial saber que tres das máis grandes marcas no mundo deron un soporte tan grande ao programa, traballando xuntos coa ISA por un mellor futuro no surfing".

Por máis información sobre a Bolsa visita:

http://isasurf.org/devprograms_scholarship.php

Fonte orixinal:

http://fesurf.net/novofes/content/view/455/1/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.