<Oeste - 2009 foi un bo ano de surf. As costas do Oeste estiveron cheas de actividade, de ondas, de surfeiros, de novas escolas e clubes, de campionatos, de sesións doces de verán e auga quente, e baños grandes e escuros como os de Fontenla. Na memoria de cada un permanecerán moitos deses momentos, e nos cartóns de memoria e nos discos duros de moitos fotógrafos gárdanse as imaxes de todos eses días.
De entre todos eses cartóns de memoria, nós quedámonos cunha, coa dun dos nosos fotógrafos favoritos e colaborador habitual de <Oeste, Julián Calvo julianfotosurf.com, e con todas as fotos que reuniu no seu libro Un Ano de Surf.
Si no 2009 pillaches algunha onda nas praias do Oeste é probable que che atopes nalgunha das 120 fotos deste libro. Si non o fixeches, coas 50 páxinas dun Ano de Surf gozarás do traballo dun dos mellores fotógrafos surf do panorama nacional.
Pra ver algunhas fotos do libro prema nesta ligazón: http://picasaweb.google.com/julianfotosurf/LIBROUNANODESURF2009#slideshow
Para máis info e para adquirir o libro: www.julianfotosurf.com
Artigo orixinal: http://www.oestesurf.com/$weblog/2010/01/14/un_ano_de_surf