Nova Asociación Profesional de Instructores de Surf

Comunicado Oficial SIPA - Constituída a Asociación Profesional de Instrutores de Surf, SIPA grazas á colaboración de instrutores e adestradores do País Vasco, Cantabria, Asturias, Galicia, Portugal, Brasil, Francia e Australia. O fin é fomentar a calidade de Formación que reciben os Instrutores e/ou Adestradores de Surf en todas as súas modalidades e servir á súa vez á defensa dos intereses destes últimos e das Escolas de Surf en xeral.

Unha das nosas labores será a profesionalización do sector grazas aos nosos Programas de Formación específicos de contido 100% surfeiros. Con eles poderás acceder á Acreditación e o Certificado SIPA. Así mesmo preténdese establecer unha relación con Federacións, Asociacións e Entidades Oficiais para que dita Formación estea completamente aplicada ao Surf, por e para surferos. SIPA, en colaboración co selo Q-uality Surf outorgará entre 1 e 6 estrelas de calidade SQS a todas aquelas que leven a cabo acciones de Formación e Innovación.

Semestralmente publicarase un boletín na que Escolas e Instrutores asociados poderán dar voz aos seus intereses e aspiracións, reportaxes e opinións  coas mellores Escolas de surf, e unha chea de novidades máis do noso mundo. Contaremos con materiais de primeira para a boa imaxe dos Instrutores, seguros específicos, asesoramento a Instrutores, Adestradores e Escolas de Surf con Formación á carta, probas e contidos on-line, descontos en tendas, viaxes, vehículos de aluguer, publicidade en pagina Web de SIPA e moitas  outras novidades.

Desde SIPA recomendámosche que como Instrutor, Adestrador ou Escola de surf, non dubides en asociarche para defender os teus intereses Non esperes máis!

Máis info en:

http://sipaeuropesurf.blogspot.com/           

Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.