Campionato Galego 2010 de Surf, Bodyboard e Longboard en Soesto (Laxe).

Esta fin de semana do 28 e 29 de Agosto terá lugar o Campionato Galego Individual e por Equipos de Surf, Bodyboard e Longboard en Soesto (Laxe). As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 26 as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.

¡Se queres competir inscríbete xa!

Regras do Campionato Galego Individual e por Equipos

Categorías e modalidades:

Surf (Infantil, Xuvenil e Open, todas elas masculino e feminino)
Bodyboard (Infantil, Xuvenil e Open, todas elas masculino e feminino)
Longboard (Open)

Só poderán participar competidores galegos.

Os surfistas competirán para o Campionato Galego Individual da súa categoría correspondente, e logo os seus puntos serán sumados no club correspondente para confeccionar o ranking por clubs.

Para o Campionato Galego por Clubs, os clubs deben inscribir no arquivo adxunto que recibirán por correo electrónico só a un máximo de dous competidores de cada categoría para que os seus puntos computen para o Campionato Galego por Clubs. Cada competidor só pode estar inscrito nunha categoría (A QUE POR IDADE LLE CORRESPONDA) para o campionato por clubs.

No Campionato Galego Individual cada competidor pode estar inscrito nun máximo de dúas categorías competindo na categoría superior á que lle corresponde se en devandita categoría está entre os 8 primeiros do ranking do Circuíto Galego 2009.

Circuito Galego 2010 >>>

CAMPIONATO: Campionato Galego  Individual e por Equipos de Surf, Bodyboard e Longboard.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf e Concello de Laxe.
COLABORA: Coca-cola, Concello de Laxe.
DATA: 28 e 29 de Agosto.
LUGAR: Praia de Soesto (Laxe).
CATEGORÍAS: Infantil, Xuvenil e Open.  
HORA: Confirmación de inscricións o sábado de 08:00 a 08:30 horas na praia. E ás 9:00 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Surf, Bodyboard e Longboard.
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO: 20 € categorías Open. 12 € categorías Xuvenil e Infantil. 8 € para Xuvenís e Infantís inscritos por un club ou técnico.
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 26 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou un  fax ( 986 29 93 78 )  á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 26 de Outubro as 13:00 horas.

NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.