Primeiras Fotos do Pantín Classic!

Xa temos as primeiras fotos do Pantín Classic 2010 publicadas no noso Feisbuk. Todas as fotos son de Pablo López que é o noso corresponsal no máis importante evento de surf da nosa costa. Eiquí tedes 5 fotos pero podedes miralas todas na galería.

A primeira rolda do Cabreiroá Surfing Girls foi un espectáculo. Malia das pequenas ondas das primeiras horas, pouco a pouco o mar foi medrando ao mesmo tempo que subñia a marea. Pola tarde as ondas xa eran dun metro e medio para brindarnos unha tarde espectacular na que as chicas demostraron un nivel increíble. O Ferrolterra Movistar Pantín Classic presentado por Billabong aprazouse ata mañán.

Entre as chicas que pasaron de rolda destacan Felicity Palmer, Pauline Ado, Courtney Colongue do equipo Billabong e Alana Blanchard. Fora quedaroin a galega Yoli Rodríguez, que tivo unha manga moi complicada e Garazi do equipo Arnette.

Entre os datos a destacar, a surfeira Tyler Wright, tivo dúas ondas de 10 e 9.8; sen dúbida a millor actuación dende o comezo do evento.
Foi tamén increíble a actuación de Bethany Hamilton.

Tedes todas as fotos en:

http://www.facebook.com/album.php?aid=2046831&id=1471364408

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.