Crónica e Resultados do III Mac Giver - Lieiro

O pasado día 18 de Setembro tivo lugar o III Mac Giver de Surf & Bodyboard na praia da Limosa, de Lieiro. O campionato foi organizado polo clube Limosa Surf de San Ciprián e contou coa colaboración loxística do Concello de Cervo, xunto co servizo municipal de Protección Civil e a inestimable aportación da tenda de surf THC, quen se encargou dos premios aos participantes (traxes de surf, camisolas,…). O vencedor da proba de surf foi o surfeiro de Viveiro Diego Giz. En Bodyboard, o campión foi Javi Pazos do Raspas Corchos Clube de Pontevedra.

Finalistas Surf e Bodyboard do III Mac Giver

Finalistas Surf

Finalistas Bodyboard

RESULTADOS:

FINAL SURF

1º Diego Giz (Viveiro)
2º Evaristo Blanco (Clube Limosa Surf)
3º Borja Ledo
4º Manuel Mariño

FINAL BODYBOARD

1º Javi Pazos (Raspas Corchos Clube de Pontevedra)
2º Xavi Alonso (Surfiños Clube)
3º Brais Ledo (Surfiños Clube)
4º Oscar Cuadrado (Surfiños Clube)

CAMPEÓN EXPRESSION SESSION: Diego Giz

Diego Giz - Campión de Surf

Javi Pazos - Campión de Bodyboard

Agardando poder repetir máis anos o campeonato, agradecer aos colaboradores, os surfistas e cocheiros, os espectadores e amig@s.



Vista panorámica da praia da Limosa - Foto: Eugene Smishkewych

Ao longo de toda a xornada houbo moita expectación e público debido o bo tempo que acompañou en todo momento ao evento e a todos esos surfistas que viñeron de diferentes puntos de la comarca. As ondas non foron as máis axeitadas para un campeonato pero si permitiron desenrolar o campeonato que rematou coa seguinte clasificación.

Fotógrafos:

Marco A. Gonzalés
Pablo Ojea Sánchez
Eugene Smishkewych
Concello de Cervo

Máis Fotos do Campionato:

http://www.facebook.com/album.php?aid=2956372&id=6830392

http://www.facebook.com/album.php?aid=258590&id=651761254&l=4e40a72dfc

http://www.facebook.com/profile.php?id=6830392

Facebook do Limosa Surf Clube:

http://www.facebook.com/#!/group.php?gid=84076369171&ref=ts

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.