Os días 9 e 10 de Outubro celebraráse a segunda proba do Circuito Galego de Surf Infantil e Xuvenil organizado pola Federación Galega de Surf, Prado Surf Clube e o Concello de Nigrán. Este evento coincide co comezo da tempada de outono e contará con excepcionais condicións. Nestes intres a previsión de ondas para eses días é de maretón con ondas de 6 metros.
As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 120 primeiros. Lembra que o xoves as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!
Info do Evento:
CAMPIONATO: 2º Proba Circuito Galego infantil e xuvenil de surf e bodyboard.
ORGANIZA: Prado Surf CLub y Federación Galega de Surf.
COLABORA: Coca-cola, Concello de Nigrán, Baobab, Onda, Waira, Boardculture, Restaurante Areosa, West Peak, Pui-Pui e Vangote.
DATA: 9 e 10 de Outubro.
LUGAR: Praia de Patos (Nigrán)
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30 a 09:00 horas na praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.
CATEGORíAS: Infantil (nados do 1996 en adiante) e Xuvenil (nados do 1992 ao 1995). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.
MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO:
- 8,00€ para os competidores que se inscriban e asistan con técnico.
-12,00€ para os competidores que se inscriban e asistan sen técnico .
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:
Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 19 de Agosto as 13:00 horas, indicando o nome no ingreso.
INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail (
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.
PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 7 de Outubro as 13:00 horas.
Este campionato ten un caracter alegre e festivo polo que supón a concentación dos mellores rapazas e rapaces surfistas de toda a costa galega disfrutando destas magnificas condicións para a practica do surfing en Patos.
Os deportistas estan convidados a xantar ambolos días; un deles a paella tradicional e o outro dia haberá que esperar a ver con que nos sorprende o xerente "Chiño" do Hotel SotoMaior.
O evento contará co apoio de OndaWetsuites, BoardCulture SurfBoards, da Productora Vangote, do Restaurante Areousa, da revista BaoBab e das tendas Waira, WestPeak e PuiPui.