Arranca o Km Cero Surfcamp 2012 na Mariña!

Xa está en marcha o Surfcamp Km.0 2012 na Mariña coa participación de surfeiros destacados do panorama estatal como Kepa Acero, Gony Zubizarreta, Hodei Collazo, Pablo Solar, Pablo Gutiérrez, Luís Rodríguez, Jaji Iglesias, Yoli Rodríguez, Erika Franco, Lucía Martiño, Marlon Lipke, David Sastre e outros destacados riders que van surfear as mellores ondas da Mariña de novo.

O programa de actividades (descargar en PDF) está formado por charlas de formación, obradoiros de iniciación, exhibicións, multiactividades (surf, kitesurf, paddlesurf, waterbirds), concertos, etc…

Se queres xa podes facer a túa inscripción, totalmente gratis, a través do teléfono 982-120-064 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Foto da presentación do Surfcamp Km Cero 2012

Máis info en:

http://km0surfcamp.deputacionlugo.org/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.