Crónica do Campionato Promesas - Prado Surf

Prado Surf Escola - O sábado 18 de marzo do 2012 ás 9:00 horas demos comezo o Campionato Promesas de Surf e Bodyboard de Nigrán organizado por Prado Surf Escola, o total de inscritos foi de 60 persoas, xente de Cantabria, País Vasco, Barcelona e mesmo Valencia (a pesar de que no Mediterráneo hai pouca constancia de ondas empezan a verse surfeiras con moito talento e competindo no circuíto estatall).


As condicións das ondas resultaron difíciles: medio metro de tamaño, vento lateral e pouco percorrido. A pesar disto púidose ver un gran nivel na auga e mangas moi moi rifadas, destacando as semifinais de surf sub 18, sobre todo a 2ª na que durante toda a manga o valenciano Nacho Sanchís dominou pero a segunda praza, que daba un pase á final, foi rotando entre Miguel Pérez e Lalo Díez e para sorpresa de todos no último suspiro, nos últimos 10 segundos unha gran onda do coruñés Diego Álvarez situouno 2ª e clasificouse deixando fose ao resto.

Tamén moi destacable o nivel da final de surf feminino con presenza de 3 mozas vascas e 1 galega. Cunha onda da ferrolá Yoli Rodríguez de 8 puntos, a mellor nota do campionato. De todos os xeitos é unha pena ver nas escolas a tantas mozas pero tan poucas en competición, o que fai que todas, independentemente da súa idade teñan que competir no circuíto estatal nunha única categoría e non poidan realizarse mangas por idades.

En Bodyboard poucos inscritos pero de gran calidade, o local Pablo González dominou a final grazas ao seu coñecemento da praia.

Resultados chicos:

SURF SUB 18

1º Luis Ansín (Galicia)
2º Diego Álvarez (Galicia)
3º Guillermo Gutiérrez (Cantabria)
4º Nacho Sanchís (Valencia)

BODY SUB 18

1º Pablo González (Galicia)
2º Alberto Gundín (Galicia)
3º Pablo Zabala (País Vasco)
4º Carlos Lorenzo

SURF SUB 16

1º Gonzalo Gutiérrez (Cantabria)
2º Manuel Fernández (Galicia)
3º Martín Cortijo (Galicia)
4º Javier Vidania (Cantabria)

SURF SUB 14

1º Juan Fernández (Galicia)
2º Ignacio Guisasola (Pontevedra)
3º Borja Malvar (Vigo)
4º Carlos Vázquez (Coruña)

Resultados chicas:

SURF SUB 18

1ª Yoli Rodríguez (Galicia)
2ª Ariane Ochoa (País Vasco)
3ª Maddi Aizpurua (País Vasco)
4ª Noa Hara Iturripea (País Vasco)

Desde o noso Clube queremos agradecer o apoio do Concello de Nigrán, Federación Española e Galega de Surf e das marcas: Onda, West Peak, Waira, As Surf Shop, Surfeiros Piratas, Florcity, Trigo, Coca-Cola e Fruitas Vilar.

Visitar Prado Surf Escola no Facebook

Web: www.pradosurfescola.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com