Zorlak 20 anos de Surf - Campionato na Lanzada

Os días 12 e 13 de Maio vai ter lugar na praia da Lanzada o Campionato local de surf Zorlak 20 anos. Haberá proba de chicas, rapazes sub-15 e un Open de surf + Invitacional. A inscripción custa 25€ e vai ser unha boa festa do surf nas Rías Baixas pola que tedes que pasar. Podedes inscribirvos en Optica Val, Mission Surf Shop e Kannion Shop.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com