Bo resultado da Armada Galega Surfeira en Hossegor

Yago Chamorro - O venres 27 de Abril partiu a Armada Galega Surfeira formada por Gony Zubizarreta, Ignacio Guisasola, Alex Rodríguez, Luís Rodríguez, Juan Fernández, Alex Fernández, Yoli Rodríguez e o brasileiro Emerson Lopes rumbo as Landas francesas en Hossegor pra participaren no Volcom Series. O campionato realizouse os días 28 e 29 cunha condicións de mar duras e complicadas, o sábado ondas de metro e medio con moita corrente e moita consistencia na orilla e pouco vento, o domingo houbo ondas dun metro e vento malo.

O nivel da competición foi moi alto con competidores de nivel internacional como Dan Billon, Josephine Costes, Leonardo Fioraventi, Luis Díaz, Nacho González e Gony Zubizarreta. Houbo moito surf radical e moderno con tubos, aéreos revers, reentris verticais e sacando moita auga nos xiros.

Queremos destacar os bos resultados dos nosos competidores e sobre todo o primeiro posto de Gony Zubizarreta na súa categoría e a cuarta posición da ferrolán Yoli Rodríguez Aneiros. O grumete pontevedrés Ignacio guisasola destacou na auga xunto a Juan Fernández polo seu valor e empeño en remontar nunhas condicións duras. O campión galego do ano pasado, Luís Rodríguez tamén fixo unha boa actuación surfando a un bo nivel.

Jaji Iglesias e Gony Zubizarreta foron os anfitrións da expedición en augas galas e fixeron que todo o mundo disfrutase da viaxe a da experiencia.

Texto e fotos: Yago Chamorro

Resultados:

Chicas

Maud Lecar
Josephine Costes
Johanne Panzini
Yoli Rodriguez

Groms

Leonardo Fioraventi
Aldric God
Charly Termeau
Luis Diaz

Junior

Ignacio Gonzalez
Harry Timson
Guillaume Cassaigne
Andy Criere

Pro

Gony Zubizarreta
Pierre Valentin
Thomas Lafonta
Dan Billon


Moitas grazas a Yago Chamorro de Riders 73 Surf School pola súa crónica e fotos.


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com