Colabora na limpeza de Nemiña - Os Tombos

Os Tombos da Costa da Morte - Vemos como as pequenas riadas provocadas por estas interminables choivas de días atrás, o mar de fondo durante tanto tempo provocaron en Nemiña suciedade e algun pequeno desperfecto. Por iso creemos que é o momento de volvernos xuntar e solucionalo problema. Vamos intentar que o Concello de Muxía aporte máis colaboración este ano, pois necesitamos da axuda de profesionais para alguns arranxos e por suposto a de todos vós. 

Será este mes o fin de semana (menos o do 6 e 7) que haxa condicións tamén para podernos dar despois un baño todos xuntos. Estade pendientes do blog para colaborar e axudar a que Nemiña siga sendo o paraiso que sempre foi. Volvemos a poñer o numero de conta 2091 0033 98 3000130839 para facerse socio ou calquera colaboración co cuble. 


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.