Suciedade en Nemiña - Limpeza urxente!

Estas son as imaxes publicadas no blog d'Os Tombos da Costa da Morte do actual estado de suciedade na que se atopa a praia de Nemiña. O estado da praia despois dos temporais de inverno é moi malo e por iso van organizar unha limpeza este mes de Marzo.

Este é o texto da nova no blog dos Tombos: "Asi é como se encontra Nemiña hoxe mesmo. E como Nemiña moitas míis pois o mar de fondo e os temporais que houbo este inverno deixaron moita basura e rastroxos en todalas praias da zona. Quen puidera limpalas todas pero facemolo en Nemiña por ser a praia de referencia no surf da zona pois o de limpalas todas correspondelle a outras persoas,nos so aportamos un pequeno gran de area,unha protesta pacifica polo malestar que sentimos en chegar a un paraiso e encontralo asi.


Esperamos que a xente que soe practicar surf pola zona, se animen a acompañarnos este ano na Limpeza que se vai a facer en Nemiña. Xuntémonos moitos en protesta para que as praias estén limpas todo ano. O maravilloso desta nosa terra son as paisaxes, é polo que a xente ven aquí, e así os coidamos?? Volvemos animarvos a que participedes, por un litoral limpo¡¡ Que parece que non aprendemos nada."


Se queredes participar na Limpeza podedes contactar con Felipe no seguinte email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Artigo orixinal: http://clubsurfostombos.blogspot.com/2010/03/limpezqa-de-praias.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.