Crónica do Malpica Surfing Day

A xente achegábase curiosa a mirar con atención iso que ían mostrar os rapaces de Silfocamps na praia de Area Maior de Malpica de Bergantiños, a posibilidade de comprobar por si mesma o que tanto se ve nas nosas costas nos últimos anos, era o SURFING DAY.

MALPICA SURFING DAY

Foron moitos os que probaron por vez primeira a sensación da flotabilidade dunha tabla na auga e incluso o tacto dun neopreno como segunda pel térmica. Os nenos acumulábanse na beira agardando o seu turno, ninguén quedou sen a súa oportunidade.

Despois dun dia de sol intenso e vento moi frouxo, o calor quedou acumulado nas pedras do paseo marítimo, onde á noitiña unhas brasas para os xurelos acompañaban outra posta de sol propia desta nosa Costa da Morte.

Despedindo o sol e alumiando as primeiras estrelas soaba na rúa, fronte a escola de surf, a banda musical “Os Fresquiños” ata chegada case a media noite.

Unha proxección dun vídeo inédito grabado na mesma praia de Malpica, nesas mesmas rúas aló polo ano 84, deixaba abraiado os cambios visibles producidos polo crecemento e  paso do tempo neste pobo.


Un dia perfecto,un dia de surf.

Texto: Antonio Varela Amado


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.