A revista Endorfina nº3 xa nas tendas!

Se vivides perto de Vigo ou Pontevedra xa podedes pasar pola vosa tenda máis cercana pra conseguir o terceiro exemplar do magazine Endorfina. Nestes intres está dispoñible en Novalbos, The Box, Mission, Adrenalina e Puerto Escondido. Neste número tedes dúas breves crónicas dos campionatos de Sagres e a Lanzada, unha reportaxe do luso-galaico no pico que saía á beira da zona de competición, a cara B do campionato.

ENDORFINA

Tamén podedes ler unha pequena entrevista que lle fixeron a Gony Zubizarreta, unha reportaxe dunha sesión nunha onda moi pouco coñecida da Ría de Pontevedra... e algunha cousa mais.

Animádevos e pasade a por ela.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.