Últimas prazas para o curso de Adestrador de Surf

Xa quedan poucas prazas para o novo curso da Federación Galega de Surf "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico ".

O curso custa 300 € e vai ter lugar en Vigo dos días 5 ao 16 de xullo de luns a venres de 15:00 a 22:00.

Tal e como se indica no REAL DECRETO 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial. («BOE» 268, do 8-11-2007.)

Prezo:300 €

Horario do curso: O curso impartirase os días do 5 ao 16 de Xulio, de luns a venres, de 15:00 a 22:00.

Lugar: Casa do Deporte, C/ Fotógrafo Luis Ksado, 17, Vigo (PONTEVEDRA)

Número de alumnos: Para a realización deste curso é preciso que haxa un mínimo de 15 alumnos e o número máximo de alumnos será de 35.

Documentación necesaria (antes do inicio do curso):

• Fotocopia do ingreso bancario.
• Fotocopia do DNI.
• Fotocopia da titulación académica (Graduado en Educación Secundaria ou proba de madurez complementaria aprobada).
• Certificado médico oficial.
• Licencia Deportiva da FGS do ano en curso.

Os cursos de técnicos constan de 3 niveis, cada un destes niveis está formado de tres bloques:

1-Bloque común: convocado pola Federación Galega de Surf: www.fgsurf.com .

2-Bloque específico: convocado pola Federación Galega de Surf: www.fgsurf.com leste mesmo mes (do 5 ao 16 de Xullo)..

3-Prácticas: Ao aprobar o bloque común e o bloque específico establecerase un período de prácticas de 150 horas nunha das escolas homologadas da FGS elixida polo alumno.

“Bloque Específico”

O curso desenvolverase no mes de Xullo de 2010, o lugar de realización será na Casa do Deporte , C/ Fotógrafo Luís Ksado, 17, Vigo (Pontevedra).

Inscrición Bloque Común: até o Venres 25 de Xuño inclusive.

Prezo: 200 €

Inscrición Bloque Específico: até o Venres 2 de Xullo inclusive

Prezo: 300 €

Para o envío das inscripcións pódense cubrir os datos que se piden na ficha de inscripción, nun e-mail e envialo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., tamén se pode tramitar enviando un fax coa ficha de inscripción ao número 986 299378. No momento de facer o ingreso no banco prégase constar no concepto o nome da persoa inscrita no curso e sinalando Curso de Técnicos.  Mais información nos documentos adxuntos.

As persoas que teñan que realizar as probas de acceso: deberán presentarse o sábado 3 de Xullo as 09:00 h. na Praia de Patos (Nigrán) , deberán levar táboa e traxe de surf para a realización das probas.

Máis info en: http://www.fgsurf.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.