Carta do Presidente da FGS

Comunicado Oficial da FGS - Coa chegada do novo ano querémosvos informar da chegada dunha nova dirección á Federación Galega de Surf e de paso desexarvos o mellor para este ano que comeza así como agradecervos o voso apoio para chegar ata aquí.

Querémosvos transmitir que comezamos este novo reto cunha gran motivación e un montón de novas ideas coma as seguintes:

  • Creación doutra sede para ter  maior cobertura. Vai ser en Malpica, pero todas as asembleas serán en Santiago de Compostela. Para que sexa para todos os clubs a mesma distancia.
  • Modificación de estamentos.
  • Principios de acordo cunha importante empresa galega para ampliar sponsors para a federación.
  • Iniciativa de ampliación para “A túa primeira onda” e fomento do surf como deporte escolar.
  • Maior participación dos clubes e consolidación dunhas relacions bidireccionais.
  • Fomento en campionatos de bodyboard e longboard.
  • Organización de concentracións onde os mellores deportistas traballen o perfeccionamento do surf  no equipo galego.
  • Continuidade das conversas coa  Xunta e a Ufedega para conseguir o respaldo da lei para que só poidan dar clases de surf os técnicos titulados.
  • Realización dos cursos de técnico deportivo nivel 1 e nivel 2, a finais de xaneiro e febreiro.
  • Fomento e apoio ao surf infantil e junior.
  • Renovación da web.

Esperamos cumprir todas as vosas expectativas e tamén vos queremos agradecer desde aquí todo o apoio e motivación, unha grande aperta e vémonos nos campionatos.

Juan José Rodriguez Hierro

Presidente da Federación Galega de Surf

Web da FGS: http://www.fgsurf.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.