Curso de Adestrador de Surf de Nivel II: Bloque Específico

A Federación Galega de Surf convoca o "Curso de Adestrador de Surf de Nivel II: Bloque Específico".

O prezo do curso é de 375 € e vai ter lugar en Vigo os días 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de Febreiro.

O número mínimo de alumnos é de 15 e o máximo de 35.

Documentación necesaria (antes do inicio do curso):

• Fotocopia do ingreso bancario.
• Fotocopia do DNI.
• Fotocopia da titulación académica (Graduado en Educación Secundaria ou proba de madurez complementaria aprobada).
• Fotocopia Título Entrenador de Surf de Nivel I
• Certificado médico oficial.
• Licencia Deportiva da FGS do ano en curso (Ano 2011).

Os cursos de técnicos constan de 3 niveis, cada un destos niveis está formado de tres bloques:

1-Bloque común: Segundo nos informan desde a Escola galega do Deporte, a súa intención é que poidas realizalo o vindeiro mes de Marzo de forma gratuita coa Escola Galega do Deporte. Máis info en: www.deportegalego.eu

2-Bloque específico: convocado pola Federación Galega de Surf

3-Prácticas: Ao aprobar o bloque común e o bloque específico establecerase un período de prácticas de 200 horas nunha das escolas homologadas de la FGS elexida polo alumno.

Inscripción ata o mércores 9 de Febreiro inclusive

Máis info en: http://www.fgsurf.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.