Boas Ondas en Valcobo! Resumo da 1ª xornada do campionato de Bodyboard

Unha vez máis, grazas á colaboración do Concello de Arteixo, as súas praias acollen unha proba do Circuíto Galego Caixa Galicia con moi boas condicións para a práctica do bodyboard.

Tras un breve atraso comezaban as primeiras mangas en torno ás 11:00 da mañá con olas dun metro con moita forza e picos múltiples que facían que a correcta selección de olas e a forma física fosen determinantes á hora de pasar cada manga.

 
 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com