Impartido por Willy Uribe, este obradoiro de fotografía de surf nace sen espírito académico algún e coa premisa de aprender e compartir experiencias dun modo entretido.
Non será un curso para aprender sobre tratamento de imaxe e complicados procesos RAW, senón un espazo práctico onde se compartirán máis de 25 anos de experiencia na fotografía de surf.
O Obradoiro ten unha duración de 4 días e custa 300 euros e o número de alumnos de cada obradoiro será de dúas persoas.
Info do curso:
- O obradoiro impartirase tanto en estudo como en exteriores, contando para iso coas numerosas ondas que rompen en Uribe Kosta.
- Os alumnos disporán para as súas prácticas de experimentados surfeiros da talla de Eneko e Kepa Aceiro, Iker Fontes, Jon Garai, Pablo Solar e outros.
- Este obradoiro abordará tanto a fotografía desde a auga como desde terra, así como a fotografía de ambientes, detalles e persoas. Tamén se estudará o proceso de elaboración dunha reportaxe completa.
- Material fotográfico a disposición do alumno. Por suposto, pódese traer o propio equipo.
- Tamén temos unha biblioteca surfera onde ampliar coñecementos.
- Vehículo dispoñible para desprazarse en busca de ondas e localizacións especiais.
- Aloxamento e almorzo dispoñible no Barrika Surf Camp. Tres noites por 81 €
Máis info en:
http://willyuribe.wordpress.com/2010/03/08/taller-de-fotografia-de-surf-impartido-por-willy-uribe/