Obradoiro de Fotografía por Willy Uribe

 Impartido por Willy Uribe, este obradoiro de fotografía de surf nace sen espírito académico algún e coa premisa de aprender e compartir experiencias dun modo entretido.

Non será un curso para aprender sobre tratamento de imaxe e complicados procesos RAW, senón un espazo práctico onde se compartirán máis de 25 anos de experiencia na fotografía de surf.

O Obradoiro ten unha duración de 4 días e custa 300 euros e o número de alumnos de cada obradoiro será de dúas persoas.

Info do curso:

  • O obradoiro impartirase tanto en estudo como en exteriores, contando para iso coas numerosas ondas que rompen en Uribe Kosta.
  • Os alumnos disporán para as súas prácticas de experimentados surfeiros da talla de Eneko e Kepa Aceiro, Iker Fontes, Jon Garai, Pablo Solar e outros.
  • Este obradoiro abordará tanto a fotografía desde a auga como desde terra, así como a fotografía de ambientes, detalles e persoas. Tamén se estudará o proceso de elaboración dunha reportaxe completa.
  • Material fotográfico a disposición do alumno. Por suposto, pódese traer o propio equipo.
  • Tamén temos unha biblioteca surfera onde ampliar coñecementos.
  • Vehículo dispoñible para desprazarse en busca de ondas e localizacións especiais.
  • Aloxamento e almorzo dispoñible no Barrika Surf Camp. Tres noites por 81 €

Máis info en:

http://willyuribe.wordpress.com/2010/03/08/taller-de-fotografia-de-surf-impartido-por-willy-uribe/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.