Non queremos deixar pasar esta nova sen publicar sobre a expo, Salitre Material Fotosensible, feita nas praias de Ferrolterra organizada por Pablo López e que mostra o potencial da nosa costa e fotógrafos con moi poucos recursos e conseguindo unha boa difusión, xa que o obxetivo da fotografía é achegar as imaxes á xente.
Tal e como comenta Jesús Busto no seu blog e tras pasar polas praias de Doniños, Esmelle, Santa Comba e Campelo, "Salitre, material fotosensible", é unha evidencia clara de cómo querer é poder, e de que soamente fan falla, evidentemente partindo dun material de calidade, boas ideas e valentía pra sacar propostas interesantes adiante, sen que grandes orzamentos, aporten á cidade contidos culturais enriquecedores e ao alcance de todos.
+ info en:
http://wavesfactory-pablo.blogspot.com.es/2013/09/salitre-material-fotosensible-fin.html
http://desdelacroa.blogspot.com.es/2013/09/videos-salitre-material-fotosensible.html