Despois de máis de 3 meses probando a paráfina ecolóxica Green Fix querémosvos recomendar o seu emprego nas vosas pranchas. Esta parafa ten moitas vantaxes que merecen ser resaltadas como por exemplo, que non se derrite ao sol, é 100% orgánica e non contamina a praia, e o máis importante é que agarra moi ben cando estás a surfar enriba da prancha.
Jorge "el Goma", local de La Santa en Lanzarote, tamén empregou esta paráfina estes últimos tres meses e está moi contento con ela, de feito xa se pode mercar esta parafa ecolóxica na súa tenda El Cruce Surf Shop en Lanzarote.
Antes de usar esta parafa é moi importante que limpedes primeiro con augarrás a vosa prancha, unha vez que estea completamente limpa e seca, podedes darlle unha base "Base Coat" de parafa e logo dar a parafa más axeitada, no caso galego aconsellamos usar parafa de auga fría "Cold Water" que está feita pra temperaturas de 8 a 17ºC.
Green Fix é unha empresa francesa que ten a súa factoría en Biarritz. Este test foi realizado en augas galegas por Román Díez de Iron Mountain Surfboards e por Kiko Campos en Lanzarote.
Podedes visitar a web desta empresa comprometida co surf e o medio ambiente na seguinte ligazón:
Empregar parafina ecolóxica é moi importante. Axuda a manter limpas as nosas praias!