Boa acollida na rede de SurfMarket.org

Máis de 90 anuncios publicados en Surfmarket.org!

A nosa web irmá SurfMarket.org leva nos seus 30 primeiros días de vida unhas 3.000 visitas, 17.000 páxinas visitadas e 91 anuncios publicados por 73 usuarios rexistrados. Estes datos amosan o grande interés da xente da praia nesta web e demostran a utilidade desta ferramenta online.

Se queres comprar ou vender artigos de 2ª man, xa podes pasar por SurfMarket.org e ir pensando que lle vas pedir ao Reis este nadal.

Xa están rexistrados varios shapers galegos como:

Chusma Surfboards

Iron Mountain Surfboards

Ohana Surfboards

Roto Surf Works

Tamén temos varias escolas galegas de surf e bodyboard como son:

http://www.oxigenosurfschool.com/

http://pradosurfescola.com/

http://www.silfocamps.com/

http://aquanauta.tk/

Moitas grazas a todos os que fixestes realidade esta nova iniciativa web co voso apoio e colaboración  ;)



Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.