Como limpar unha prancha de surf en 5 minutos?

A  resposta é sinxela, empregando Pickle Remover, un novo produto revolucionario que dentro de pouco tempo vai estar no maleteiro de todos os surfeiros do mundo. Este producto é doado de usar, rápido, ecolóxico e non contén produtos químicos agresivos. Terminaron os tempos de usar o secador do pelo, augarrás ou as máquinas de auga a presión para limpar as táboas de surf.

Vídeo demostrativo do Pickle Remover

O Pickle ® Remover é unha ferramenta única utilizada pra quitar a parafa das táboas de surf. O pepino verde é ecolóxico. Non se trata soamente da cor verde se non que é un produto "verde" para o medio ambiente. O polvo só contén ingredientes 100% reciclados e non leva produtos químicos agresivos. É reutilizable e podes limpar varias táboas de surf coa mesma unidade.

Pablo Montero, un dos mellores riders de Galicia usa Pickle Remover

Como funciona?

O pepino é único, xa que é un limpiador de parafina. O polvo limpa calquer tipo de parafina en calquer tipo de tabla de surf, bodyboard, longboard, etc...  Podes limpiar calquer tipo de prancha de surf en tres pasos: primeiro, raspar o exceso de parafina co teu peine. Segundo, pilla o ttu Pickle e frota a prancha co pickle con movimentos firmes. Xira a esponja para evitar a acumulación de cera. Segue frotando ata que a túa prancha estea brillante.

100 % ECOLOXICO + 100 % RECICLADO

Por que usar o Pickle?

  • Pra limpar a parafina da parte inferior da prancha de surf.
  • Pra detectar as áreas danadas nas reparacións.
  • Pra tela sempre lista e limpa.
  • Pra eliminar exceso de peso con tanta aplicación de parafina.

Quen o utiliza ?

Todos os surfeiros teñen a necesidade de eliminar a parafina de vez en cando por unha razón ou outra. Todos os surfeiros desde os mellores profesionais do surf ata os máis xovenes están utilizando este novo produto en todo o mundo! O pepino é unha ferramenta que debe estar na garaxe de cada surfeiro, coche, furgoneta, autocaravana, etc...

Tendas onde podes comprar o Pickle:

Vazva, Teirón Surf, Raz, Novalbos e West Peak.

Pedidos e máis info en:

http://picklespain.blogspot.com

Jaji Iglesias co seu Pickle

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.