A nova web www.camaramar.com en tan só 7 meses de vida consolidouse como unha boa ferramenta para todos os amantes do mar e non tan amantes, da costa Cantábrica e Atlántica da penísula ibérica. Primeiro traballaron en ofrecer predicións meteorolóxicas, mareas, tamaño de ondas, ventos, lúas, amenceres, atardeceres, temperatura ambiente, temperatura da auga ara 5 días e actualizandose cada 3 horas. Agora presentan un novo módulo para ver o estado das praias en tempo real, actualizandose cada 30min, onde nos ofrecen un rádar que nos indica xustamente as zonas de choiva, a humidade relativa, o vento, temperatura e o tempo.
Tan boa a sido a idea, que os organizadores da proba WQS de Pantín Classic do circuíto mundial de surf, apostaron por esta nova web para pór as súas predicións no apartado de Meteo
Os seus promotores tamén nos comentan que teñen novos proxectos pensados e que nos irán sorprendendo durante todo o inverno.
Podes visitar esta web en: www.camaramar.com