Linguaxe surfeiro de sordos

Hai moitos sordos ou aficionados ao surf que no saben a linguaxe de signos sobre surf. Atopei no blog de Sordossurfwaves.blogspot.com iste debuxo e pareceume moi interesante. O debuxo foi feito por un australiano Gasch Gaschk que é surfeiro e sordo; é aficionado a debuxar.

Nel podes mirar 3 signos diferentes segundo a práctica deportiva; surfing, bodyboard e tablón.

Podes atopar máis info no web da Asociación Internacional de Surfing pra sordos IDSA no que anuncian que o vindeiro campionato mundial pra surfeiros sordos vaise celebrar na praia de Queens Beach en Waikiki (reef break moi popular) na cidade de Honolulu no ano 2009.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.