Afotando dende o ceo!

Dende o web de Buenas Olas chega esta nova dun novo xeito de sacar fotos e videos dende o ceo sen ter que contratar un helicóptero. A fotografía aérea para surf non é nada novo, moitas das imaxes e vídeos que vemos e sesións grandes de tow-in, campionatos como Eddie Aikau, etc. fanse desde helicópteros, pero non se poden achegar moito polo consecuente perigo e molestias aos surfeiros.

Soulcam é un novo sistema de cámara que vai literalmente montado sobre un dirixible ou Zeppelin. Baixo mans expertas pode captar novas e impresionantes perspectivas desde o aire. Ten múltiples usos como son gravacións de vídeo para turismo, reportaxes, eventos, incluíndo surfing, pero a diferenza estriba en que o dirigible apenas molesta e realiza o seu traballo de forma silenciosa.

O web deste innovador sistema é soulcam.fr e poderás atopar desde o making off até as súas diferentes aplicacións.

{fcomments}

Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.