HOTTIES WETSUITS é unha nova marca galega de neoprenos feitos cos mellores materiais e con acabados personalizables até o máis mínimo detalle. Para esta tempada Inverno 2012/13 Hotties Wetsuits ten dispoñibles os seguintes modelos: CYCLOPS 4/3 e 3/2 con peche dianteiro horizontal, OURS 4/3 e 3/2 con peche dianteiro diagonal, FRIED 5/4/3 con peche dianteiro diagonal.
A idea de crear Hotties Wetsuits nace da necesidade daqueles que practicamos surf por atopar o wetsuit perfecto, á nosa medida, e que ademais podamos personalizar. Sabemos moi ben como queremos que sexa o noso neopreno, pero non só nós. Cada surfer sabe como quere o seu wetsuit, e até agora nunca tivera a posibilidade de elixir máis aló da talla, o grosor, a marca e poucas opcións máis. Con Hotties Wetsuits poderás elixilo case todo. Cores por zonas, acabados, personalización con iniciais, entre outras moitas cousas.
Somos novos, pero sabemos que un produto de calidade e un cliente feliz é sempre garantía de éxito. Por iso eles son os alicerces de Hotties Wetsuits: algo que nunca perdemos de vista no camiño.
Esta nova marca galega atrévese co que as grandes marcas nunca puideron ofrecer ao cliente: exclusividade, porque o teu neopreno é único; e flexibilidade, para elixir como será a túa wetsuit. Ti, e só ti, elixes como queres que sexa, ninguén che poderá impor o seu criterio. Nós axudámosche a conseguir un traxe único, perfecto, de calidade e só para ti.