Surfmarket.org ven de renovar completamente a imaxe da súa web cun novo logo e unha web + moderna e adaptada aos teléfonos e tablets. Esta web galega de material de surf novo e de segunda man xa superou os 1.000 usuarios rexistrados na súa web e os 1.000 anuncios publicados. Nas Redes Sociais non para de crecer superando os 2.000 followers no Twitter e o milleiro de seareiros no Facebook. Tamén están a facer un bo traballo no Pinterest ofrecendo un exemplo a seguir neste nova rede social moi de moda nos Estados Unidos.
A nosa web irmá é o portal de surf galego máis grande e xa supera as 60.000 páxinas visitadas cada mes por uns 10.000 usuarios que compran e venden material entre particulares e profesionais. Se tedes material na casa que non usades podedes subir anuncios e conseguir algo de diñeiro pra comprar novas cousas.
O vindeiro mes imos lanzar un directorio de ondas a nivel mundial integrado en Surfmarket no que levamos traballando dende hai un par de meses e que conta coa participación de moitos fotógrafos e riders galegos.
Podes seguir a SurfMarket en:
Visita SurfMarket:
http://www.surfmarket.org
{fcomments}