Quen carallo matou os Blogs de Surf?

SURF BLOGS Galicia

Cando comezamos a nosa andaina hai máis de sete anos atrás, Internet estaba chea de blogs de surf con fotos de sesións por toda a nosa costa dende o Eo ata o Miño, reflexións sobre materiais e tipos de pranchas, estado das praias, vídeos antigos e moitas outras cousas. Cada mes aparecían un ou dos novos blogs que nos enviaban mensaxes e invitacións pra coñecer a súa iniciativa. De feito a finais de 2008 contabamos con máis de 30 blogs amigos na nosa costa con bastante actividade.

Sete anos despois e coa chegada das Redes Sociais, Facebook e Twitter fundamentalmente, estes blogs foron morrendo pouco a pouco e agora mesmo soamente podemos atopar uns poucos blogs con contidos actualizados e que manteñen unha boa actividade como son:

Desdelacroa: Blog de Jesús Busto con moitas entradas de sesións de surf por Ferrolterra e información dos comezos do surf en Galiza.

Jahgo e o surf: Blog de Yago Baz e Arantza con fotos das súas viaxes e sesións.

Respirando Salitre: Néstor Martínez dende Ferrol mostra as súas fotos e pensamentos máis surfeiros.

Weekend Islands: dende a vila mariñeira de A Guarda, Elías mantén este blog de cultura longboard.

Paul Montana: viaxes e sesións de surf de Pablo Montero, rider da Coruña.

Aboiando: reflexións surfeiras do señor Rodaballo.

Lamentamos moito a perda de blogs importantes como por exemplo o blog de Occy, o de Jandriño, o de Kike Aradas, o de Rubén Prieto na Costa da Morte, Pixual surf, Factoria de Olas e muitos outros que xa non conteñen información actualizada. Sen dúbida isto é unha gran perda para o noso mundo e agora todos somos máis dependentes do gran irmán e do mundo Facebook e Twitter pra nos comunicar e compartir as nosas experiencias.

SURF BLOGS Galicia

Gustarianos saber se coñecedes outros blogs activos de surf galegos.

Por favor deixa o nome do teu blog favorito nos comentarios.

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.