The Seabin Project é un proxecto pra construir unha máquina de limpeza de aspiración que filtra a auga do mar nos peiraos e recolle todo o lixo flotante do seu arredor. Seabin siginifica en inglés literalmente papeleira do mar. Este proxecto fundado por Andrew Turton e Pete Ceglinski, residentes nas illas Baleares está a sorprender a moitos pola eficacia. Debaixo tedes o vídeo do funcionamento do trebello.
Tedes + info en:
https://www.facebook.com/The-Seabin-project-927473997320061/
A falta de dez días precisan uns 30.000$ pra acadar o obxetivo pra fabricar o primeiro prototipo e continuar con este proxecto. Podes colaborar como sponsor deste proxecto en:
https://www.indiegogo.com/projects/cleaning-the-oceans-one-marina-at-a-time#
{fcomments}