O EuroSIMA Cluster realizou durante os pasados meses de Agosto e Setembro do 2008 (en colaboración coa axencia ARCANE Institut) un estudo de tendencias de consumo de material de deporte de auga (surf/skate/snowboard) baseado nunha mostra representativa de 4.200 persoas entre 15 e 35 anos en sete países Europeos (Francia, Alemaña, Italia, Portugal, España, Suíza, e o Reino Unido).

Este estudo Europeo a través de internet dá unha visión fresca do perfil do consumidor de material para deportes de táboa, as súas aficións, o seu nivel de participación no deporte, os seus hábitos de consumo, e que lles motiva na compra... Tras unha primeira quenda de información publicada o pasado Febreiro, o EuroSIMA Cluster revela novos datos dos hábitos de consumo das persoas entre 15 e 35 anos.
Canles de compra
Os datos mostra que os consumidores de material de deportes de táboa están a converterse en ciber-consumidores.
- Aínda que a maioría dos produtos adquírense en grandes tendas de deportes (34,4%), ou en tendas especializadas (26,6%), a venda por internet está a expandirse rapidamente (26%).
- Internet é a principal canle de compra usado no Reino Unido (38,3%) e en Alemaña (35,1%) para adquirir este tipo de produtos, pero o seu uso é escaso polos consumidores Portugueses (11,3%) que maiormente prefiren tendas de deporte en xeral (46,9%).
- As mulleres compran maioritariamente material para deportes de táboa en tendas de deportes en xeral (36,5%), algo mais que os homes (32,5%).
- Doutra banda, os homes usan internet algo mais que as mulleres para adquirir este tipo de material (26,5% vs. 23,3%)
- Os practicantes deste tipo de deportes fan os seus comprar en tendas de deporte en xeral (29,4%), en internet (28%), ou en tendas especializadas (27,7%).
- Internet é con diferenza a primeira canle usada no Reino Unido (40,9%) e en Alemaña (36,3%), e é usado de maneira xeral no resto de países excepto Portugal (14%) cuxos consumidores prefiren tendas de deporte en xeral ou tendas especializadas.

Tipos de sitios web usados para a compra online
Tendas online para vendas privadas ou publicas, Ebay..., son os que mais están a crecer neste sector a día de hoxe.
- Webs de compra online como Ebay (45,7%) son os sitios mais usados para a compra de materiais para deportes de táboa. Tras estes os mais comúns son as webs especializadas (24,4%), as webs das marcas (14,8%), e web con pedido a través do mail (14,8%)
- As webs especializadas tenden a ser mais populares entre os homes (25,7%) que entre as mulleres (22,8%) e mais entre os consumidores entre 15 e 25 anos (26,6%) en entre consumidores de mais idade (22,3%).
- Wes de compra online como Ebay (43,5%) son os sitios mais usados hoxe en día para a compra deste tipo de artigos entre os que elixen internet para a súa compra.
Principais factores na compra de material para deportes de táboa
- Para a maioría en todos os países, a marca (65,1%) é considerada mais importante que o prezo (7,3%). As marcas é relativamente mais importante que o prezo para mulleres e os consumidores entre 26 e 35 anos. Tamén é así para os practicantes dalgún destes deportes.
- A popularidade da tenda ou a marca é importante en todos os países. En Alemaña, Portugal e Suíza a reputación da tenda é mais importante, en cambio, en Francia, España e Reino Unido é a marca o mais importante. Para os practicantes destes deportes tenda e marca teñen a mesma importancia
- En todos os países (excepto Portugal), os consumidores inclínanse por cambiar de marca antes que comprar sempre a mesma. O estudo revela que o home están lixeiramente mais inclinados a cambiar de marcas que as mulleres. Tamén é o caso para os practicantes destes deportes.
- Cando se compran este tipo de produtos, o impulso motiva moito mais que a necesidade. Esta tendencia é mesmo mais evidente entre os practicantes destes deportes
{fcomments}