A partires do 22 de Xuño até o 13 de Xaneiro xa podedes visitar no Museo Marítimo Ría de Bilbao a primeira exposición sobre a historia do surf na costa do Cantábrico e Galicia. Unha exposición fundamental pra entender o vieiro percorrido polo surf desde as súas orixes a principios dos 60, ata a actualidade, cheo de campionatos, tubos, ondas grandes e táboas de todos os tamaños e cores.
Nesta expo ides coñecer algúns dos feitos históricos máis importantes e imaxes e gravacións inéditas, pranchas de surf do pasado u un dos poucos exemplares do libro “The Surfriders of Hawaii”, a primeira publicación de surf de toda-la historia. Este exemplar chegou a Vitoria-Gasteiz por Don Ignacio de Arana en 1912, o seu regreso de Hawaii onde estivo residindo varios anos como Cónsul español nas illas.
Máis info en:
http://www.museomaritimobilbao.org