
Eiquí tedes A Memoria do Mar un novo proxecto de dixitalización de fotografías sobre o mar e as súas xentes. A cultura marítima galega é, sen dúbida unha das máis ricas de Europa. Nela converxen tanto o saber máis tradicional, onde a pesca, o marisqueo e a cabotaxe costeira conforman os seus principais alicerces, como as vinculacións marítimas con outros pobos e as navegacións transoceánicas.
Marusía na Ribeira de A Guarda
A Guarda (Baixo Miño), 1925-1930

Vista xeral do barrio da Ribeira durante un temporal. No segundo plano da imaxe, as ondas batendo diante das casas.