Xornadas sobre o Medio Mariño en Ferrol

A Sociedade Galega de historia Natural presenta unha xornadas sobre o medio mariño que se van celebrar en Ferrol durante o mes de Febreiro no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Estas xornadas presentan diferentes actos como por exemplo:

- Exposicións fotográficas.

- Presentación de videos.

- Conferencias sobre o estado da Ría de Ferrol e a vida mariña.

 Dende SurfGZ animamos a xente a pasar por estas xornadas pra coñecer mellor o estado actual da nosa costa.

Venres 30 de xaneiro

12h. – Apertura da exposición “Azul e Branco” – “A Natureza Galega”
Presentación da exposición fotográfica sobre a Antártida de Carlos Caraglia que poderá visitarse ata o día 28 de Febreiro. O “Museo da Natureza” compartirá o espazo expositivo cunha representación dos últimos traballos de conservación e montaxes de esqueletos realizados nos últimos tempos.

18:30h. – Presentación do vídeo “Proxecto polar”
Conferencia e proxección do vídeo, impartido polo autor e director do proxecto, Carlos Caraglia. A través de imaxes de vídeo e fotografías de gran formato contemplamos distintas paisaxes do continente xeado así como dos animais que poboan estas terras. Con esta exposición preténdese sensibilizar á xente da fraxilidade duns ecosistemas únicos que alberga tesouros aínda por descubrir.

Xoves 5 de febreiro - 18:30h. - Conferencia “Fósiles de cetáceos modernos en Galicia”

Dende hai uns anos vimos comprobando a existencia de xacementos fósiles de cetáceos modernos nos fondos mariños da plataforma continental. Pescadores locais obteñen en redes de arrastre espécimes destes fósiles que datan do Mioceno e Plioceno, na súa maioría en excelente estado de conservación, de estratos con lodos, fosfatados e cunha escasa concentración de carbonato cálcico. Conferencia impartida por Ismael Miján Vilasánchez Integrante da XDL da SGHN Ferrol.

Venres 6 de Febreiro - 18:30h. – Conferencia “Anatomía e fisioloxía dos cetáceos”

Os cetáceos, uns animais complexos adaptados a un medio tan alleo e hostil como é o mar, posúen uns mecanismos fisiolóxicos de adaptacións froito da evolución dende os primeiros antepasados, hai uns 50 millóns de anos, termorregulación, locomoción ou algo tan fundamental como o aleitado das crías baixo a auga. Conferencia impartida pola Doutora Nuria Alemañ do Departamento de Anatomía e Producción Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC)

Venres 13 de febreiro - 18:30h. – Conferencia “Tartarugas mariñas: situación actual, proxectos de recuperación e voluntariado”

As tartarugas mariñas teñen unha antigüidade de máis de 100 millóns de anos e ao longo da súa historia foron capaces de sobrevivir a cambios no medio, incluso a aqueles que orixinaron a desaparición dos dinosauros. Nembargante, poucas décadas de actividades humanas (saqueo de ovos, captura de exemplares adultos, pesca accidental, contaminación, destrucción de hábitats,...) as puxeron en serio perigo de extinción. Conferencia impartida por Sonia Aguiar Berea integrante da XDL da SGHN Ferrol

Mércores 25 de febreiro - 18:30h. – Conferencia “Recuperación de lobos Mariños e tartarugas na UCI da SGHN Ferrol”

As tarefas de asistencia á fauna mariña ameazada inclúense no marco dun convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A Unidade de Coidados Intensivos (UCI) creouse para atender a focas e tartarugas en primeira fase de recuperación, na que polas súas doenzas precisan tratamento veterinario e coidados especiais, xa que polo xeral os animais chegan moi débiles e non saben ou non poden alimentarse por eles mesmos. Conferencia impartida por Juan Ignacio Díaz da Silva Coordinador de Mamíferos Mariños da SGHN.

Venres 27 de Febreiro - 18:30h. – Conferencia “Ferrol, unha ría a recuperar”

Estudio da situación actual da ría e das súas capacidades. Cunha superficie, entre flota e a pé de ata catro millóns de metros cadrados, cos principais bancos de marisqueo en A Malata e Caranza, nos que o 90 por cento da extracción corresponde a Ameixa babosa. Unha zona de producción que podería significar ata dez millóns cadrados de territorio aptos para o marisqueo, tralo seu saneamento. Impartida polo Biólogo da Cofradía de Barallobre e membro da SGHN Ferrol, Joan Ferreiro Caramés.


 



Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.