Temos augas tropicais na costa galega?

Este ano estamos a ter na costa galega a auga máis quente das últimas décadas superando nas Rías Baixas os 21ºC grados e polo tanto ideal pra surfear con bañador e licra.

Esquema circulatorio da corrente do Golfo.

Isto en si pode ser unha boa noticia de non ser pola súa relación coa desaparición da corrente do Golfo que se está a deter e polo tanto hai menos movemento nos fluxos de auga océanica, novas especies subtropicais están a ser pescadas na nosa costa e as especies autóctonas están a ser desprezadas polas novas especies e polos cambios de temperatura.

Non sabemos como vai afectar todo isto pero o que está claro é que algo está a pasar xa que non é normal. Debemos preocuparnos moito polo mar e pola súa saude xa que nos vivimos para o mar. De momento o único que podemos facer e aproveitar pra surfear cos vellos neoprenos 3x2 rotos e esperar que se manteña todo o mes.

Efecto do quecemento global sobre a Corrente do Golfo

Galipedia: "Co aumento da calor atmosférica, medra o derretemento dos xeos acumulados dos polos. Ao aumentar o derretemento do xeo polar, este dilúese na corrente do Golfo, freando o avance das augas máis temperadas dende o Golfo de México. Ao frearse a corrente do Golfo co tempo producirá un arrefriamento das áreas costeiras do norte de Europa. Este feito, que constituíu unha hipótese, foi confirmado recentemente (novembro do 2005) pola National Oceanography Centre da Universidade de Southampton, no Reino Unido, concluíndo investigacións que se viñeran desenvolvendo dende 1957. Como consecuencia deste fenómeno, estímase que para o 2015, a temperatura do norte de Europa, será en media, 9 °C máis fría. Este é un exemplo do efecto, a primeira vista contraditorio, co quecemento global."

Podedes aprender máis sobre a Corrente do Golfo en:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Corrente_do_Golfo

http://oceancurrents.rsmas.miami.edu/atlantic/gulf-stream_3.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.