Estes días a auga das Rías Baixas e costa norte de Portugal acadou temperaturas máximas que mesmo superan os 20ºC polo que xa podes surfear en 3x2 tranquilamente. A zona da Mariña lucense tamén conta con boas temperaturas no mar e auga morna de 17ºC.
Porén a auga fría mantense na costa de Ferrolterra e tamén na Costa da Morte e zona de Coruña onde podes precisar un neopreno 4x3 xa que a auga está a 13-14ºC. Esperamos que se manteña esta subida grazas ao pouco vento e a entrada do verán.
Fonte da nova: https://twitter.com/MeteoGalicia