A cuarta edición do Festival Internacional Mar de Mares celebrarase na Coruña entre os días 19 e 24 de setembro de 2017 cun completo programa de actividades que se prolongará durante o tempo que as súas exposicións permanezan abertas, ata o 19 de novembro.
O festival é un evento multidisciplinar, unha celebración en torno ao mar que ten como obxectivo sensibilizar e inspirar á comunidade na protección dos océanos. Máis de 20 actividades para todos os públicos ao redor da conservación dos mares e a súa importancia nas nosas vidas: exposicións, obradoiros, proxeccións, encontros, concertos, storytellings, visitas intermareais e o xa tradicional Mercado do Mar, que terá lugar os días 23 e 24 de setembro.
Vídeo promocional da edición 2016
O mar é muller. A edición deste ano centrará a súa mirada na muller e a súa vinculación co mar, a través de encontros con mulleres que explicarán o seu traballo nun mundo tradicionalmente masculino e da presenza de Cristina Mittermeier, unha das fotógrafas e biólogas máis recoñecidas e influentes a nivel internacional, que visita España por primeira vez e expoñerá o seu traballo na Coruña.
Arte. Ecoloxía. Ciencia. Reflexión. Gastronomía. Fotoxornalismo. Educación. A celebración dos océanos.
Tedes + info en: