VII Congreso de Ciencias do Deporte e Educación Física no Concello de Pontevedra

Un ano máis se celebrará en Pontevedra os días 5, 6 e 7 de maio o VII Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física, evento organizado polo Concello de Pontevedra en co-organización co Vicerreitorado do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e o Dpto. de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña, en colaboración con outras institucións.

Do mesmo xeito que en anteriores edicións, todos os participantes do evento poderán gozar de 10 conferencias plenarias, 12 cursos de especialización, premios aos mellores traballos presentados en formato comunicación/póster, obsequios para os participantes, e este ano tamén ofrecemos a posibilidade de realizar o congreso na modalidade a distancia.

Entra en www.congresodeporte.com e participa nun dos maiores eventos formativos para profesionais do deporte e a Educación Física. O pasado ano rexistrouse a participación de 461 profesionais do deporte.

Web do Evento: www.congresodeporte.com

Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.