Os comezos no mundo do surf

Como en calquera outro deporte para comezar unha práctica deportiva debemos de ter unha boa forma física. O que temos que buscar antes de nos meter na auga é unha capacidade para non nos cansar mentres esteamos a surfear.

Que debemos facer antes de comezar co surf?

O primeiro que debo saber é que o surf é un deporte aeróbico. Que quere dicir isto? Nunca vou pasar de 180 pulsacións por minuto. Por isto o que me interesa para practicar surf é ter unha boa capacidade cardiovascular.

O que teño que facer son prácticas deportivas que me van facer ter unha boa capacidade cardio-respiratoria, que se vai traducir nunha boa resistencia na auga. Estes deportes son a carreira continua, a bicicleta e a natación, esta ultima moi importante porque se asemella a práctica do surf.

Con todos estes deportes pódome axudar dun pulsómetro para que me indique as pulsacións nas que me debo manter (nunca mais de 180).

Que outros deporte podo practicar?

Outros deportes que se poden practicar son aqueles que sexan parecidos ó surf. Temos deportes como o skate, os longboard de skate, o snowboard, os freeboards,…

Teño que centrarme nalgún grupo muscular?

No caso do surf debemos ter un bo tren superior sen esquecernos do tren inferior. Acordádevos que as manobras fanse coas pernas e que na táboa un esta de pe. E no caso do bodyboard deberémonos centrar no tren inferior.

Por iso, no caso do surf haberase que centrar no peitorais, tríceps, musculatura paravertebral e cuadríceps. No caso do bodyboard, cuadríceps, isquiotibiais e xemelos.

Para isto podedes facer exercicios na vosa casa ou ir a un ximnasio.

En outros artigos xa vos indicaremos como debedes traballar estes músculos.

Hai que estar moi musculados?

Ao traballar os músculos de forma aeróbica nunca ides desenrolar volume. Tamén tede en conta que ides practicar un deporte no que vos ides mover moito e tedes que ter axilidade que non vos vai unha musculatura voluminosa. Pero non vos preocupedes porque ensinarémosvos a potenciar a musculatura sen sacar volume nos seguintes artigos.

Con todo isto xa estades preparados para adentrarvos no mundo surf. Así que non me queda outra que desexarvos que teñades un bo dia de praia e boas ondas para todos.

Artigo escrito por Rubén -  Fisioterapeuta de SurfGZ.com

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.