O próximo sábado 28 de febreiro ás 10:00 h, a praia de Patos en Nigrán acollerá un Workshop de Surf & Yoga, unha proposta que combina a enerxía do océano coa serenidade do yoga para ofrecer unha mañá diferente na praia. O evento está dirixido a persoas que buscan reconectar consigo mesmas, moverse con conciencia e compartir unha experiencia de benestar en plena natureza.
Tras a boa acollida deste formato en A Coruña, o proxecto chega agora a Vigo mantendo a súa esencia: mar, movemento, respiración e conexión. Durante o workshop realizaranse 1 hora e media de surf e 1 hora de ioga, dúas disciplinas que se complementan de forma natural para equilibrar corpo e mente. O taller está pensado para niveis de iniciación e intermedio, polo que non se require experiencia previa.
O proxecto está impulsado por Vika Lvova e Giorgia Bulzacca, unindo dúas traxectorias vinculadas ao movemento e ao benestar. Vika practica surf desde pequena, unha disciplina que lle transmitiu valores como a conexión co entorno natural. Pola súa parte, Giorgia conta con máis de 15 anos de práctica en ioga, ofrecendo unha visión consciente e accesible do traballo corporal e mental, ademais dunha sólida traxectoria en surf de máis de 20 anos.
O workshop realízase en colaboración con Prado Surf Escola, MB Patos, SurfGZ e SurfMarket, unindo experiencia, profesionalidade e respecto polo mar.
Surf & Yoga en Patos nace coa intención de ofrecer unha forma diferente de vivir o surf, integrándoo co ioga como ferramenta de benestar físico e emocional. É unha experiencia pensada para disfrutar do mar desde unha perspectiva máis consciente e accesible para todas e todos.
As prazas son limitadas e xa están abertas as inscripcións.
Para máis información e reservas:
Vika | Giorgia
Teléfono: 650 55 66 70 | 600 86 55 70
