Surfing Medicine International (SMI) ten todo preparado para traer un evento único: o Congreso Mundial de Medicina do Surf regresa ao hemisferio norte, para celebrar a súa edición de 2023 en Valdoviño, Galicia, do 5 ao 8 de abril.
No paraíso do surf do suroeste de Europa, traeremos os últimos achados científicos sobre a saúde dos surfeiros, a prevención de lesións, a prevención de afogamentos e a reanimación, os surfeiros como socorristas, a formación, o rendemento no surf, o liderado e a educación ou o medio ambiente mariño.
O programa de tres días está cheo conferencias inspiradoras, talleres e actividades ao aire libre que ofrecerá moitas posibilidades para a interacción mentres os principais especialistas e comunicadores a nivel internacional guiarannos a través de todos estes interesantes e apaixonantes temas. Na súa novena edición, o #WCSM23 é un congreso de vangarda que ofrece contido académico premium nun formato atractivo e interactivo, que brinda unha plataforma científica, baseada na evidencia, para todas as partes involucradas no surf actual, cuestión que fai deste congreso unha cita atractiva e única para relacionarse e aprender con profesionais afíns.
O evento está dirixido a médicos, enfermeiros/as, fisioterapeutas, preparadores físicos e científicos deportivos, adestradores e técnicos de surf, socorristas, federacións de surf nacionais e internacionais, asociacións e federacións de salvamento, expertos en seguridade acuática, escolas de surf, xestores de piscinas de ondas, gobernos costeiros, estudantes, biólogos mariños e calquera outro surfeiro ou entusiasta do medio acuático que estea interesado en marcar a diferenza neste apaixonante campo.
Cada programa diario en WCSM 2023 estará dedicado a un tema que reflicte as necesidades do surfeiro actual:
Resumo do programa:
- 5 de abril Curso pre-congreso 1: Ahogamiento no medio acuático e Reanimación. Curso pre-congreso 2: Fisioterapia e Ortopedia en surfeiras. Rexistro de participantes e Acto de Apertura.
- 6 de abril Día1: Lesións agudas, Rescates, Reanimación e Traumatismos.
- 7 de abril Día 2: Prevención de lesións e Rendemento.
- 8 de abril Día 3: Liderazgo, Educación e Impacto.
Convidamos a todos os surfeiros e profesionais involucrados ou relacionados coa seguridade na auga, coa saúde e co rendemento e a formación no surf para difundir esta información nas súas organizacións e convidar á súa rede social e profesional a unirse a nós na nosa misión de facer que o surf sexa máis saudable e seguro. Ademais, alentamos aos investigadores para enviar e presentar os seus traballos de investigación a través do noso roteiro de envío de resumos que se atopa na páxina web do congreso.
Ademais do noso programa científico e talleres, dispoñeremos de moito tempo para coñecer ao resto de asistentes ao congreso e aos relatores tanto nas pausas como nas veladas organizadas nun ambiente íntimo. Esforzámonos por forxar relacións que crezan cara a colaboracións sólidas cun impacto global e esperamos escoitar como vostede ou a súa organización poden contribuír no WCSM23! Melloramos xuntos os estándares da medicina do surf. Estás listo para remar connosco?
Para máis información do WCSM23: https://www.surfingmed.com/world-conference-2023/