A creación do Oceáno Surf Museo de Valdoviño nace da iniciativa das mesmas persoas que no seu día tomaron a decisión de facer en Valdoviño o Pantín Classic. Presentado na primeira convocatoria de 2016, trátase dun proxecto conxunto promovido polo Concello de Valdoviño e tres entidades deportivas municipais.
Este museo é un espazo de divulgación da historia do surf e que ten como fío condutor a historia do surf en Galicia, e que nos achega a orixe e desenvolvemento deste deporte en España e no Mundo.
Grazas a financiación das axudas que xestiona o GALP A Mariña-Ortegal dotouse a este espazo co equipamento necesario (soportes, sinalética, expositores), levouse a cabo o estudo museístico e as actividades de inventariado e catalogación de materiais así como a dixitalización de fotografías e vídeos e deseño web e creación de de perfís sociais nas redes