Presentámosvos un vídeo con Toni Varela falando dende The Surf Factory, en Malpica de Bergantiños, unha nova fábrica de onde saen as táboas de Cormorán Surfboards, Maldita Surfboards e Swell Surfboards.
Son un equipo formado por tres shapers con tres marcas distintas e unha ampla experiencia na industria do surfing. Cada un deles está especializado en estilos diferentes, polo que xuntos forman un equipo moi polivalente. Deste xeito, o seu taller pode deseñar e crear a táboa de surf que máis se adapten ás túas necesidades, gustos e estilo.
Tedes máis info na súa web thesurffactory.es