Exposición Fotográfica de Surf en Foz: Jose Ángel Niño

O próximo 2 de marzo, sábado ás 12:00, inaugurarase unha exposición de fotografías de surf en Foz, Lugo. A cal se poderá visitar durante todo o mes de marzo no CENIMA de Foz, situado na zona portuaria da localidade lucense 

A exposición está formada por 70 fotografías, todas de surf,  nun tamaño de 60x40  cm. Todas as fotografías foron realizadas por Jose Ángel Niño en Galicia, sendo a maioría delas feitas na Mariña de Lugo. Estarán acompañas coa proxección continua dun vídeo con máis de 700 fotografías de surf do propio autor 

Con estas fotos faise un percorrido desde a felicidade da primeira onda colleita nunha clase de iniciación, ata a tensión e subidón de adrenalina que sente ao superar algunha das ondas máis grandes que hai en Galicia.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com