O sábado 16 de Marzo, ás 15:00h no Salón de Conferencias de Burela, o Burela Surf Club organiza unha charla/cursillo de 2 horas co recoñecido surfista e oceanógrafo Tony Butt. Tony Butt é un surfista de olas grandes e pioneiro do surf na costa cantábrica. É doutor en Oceanografía e traballou en numerosos proxectos de investigación do litoral. Centos de artigos, prólogos e publicacións sobre oceanografia para numerosas revistas internacionais do surf. Ademais, é escritor de numerosos libros como "La guía del surfista para olas, costas y climas", "La ciencia del Surf" ou "Guía para un surf sostenible", entre outros.
Nesta charla Tony introduciranos e profundizará en todos esos elementos necesarios para o coñecemento do mar que nos axudarán a mellorar a nosa experiencia do surf e aumentar a nosa conexión coa natureza.
Non perdas esta oportunidade única de adentrarte no fascinante mundo do mar e as ondas. Entrada gratuita para os socios do BSC e entrada donativo para non socios.
Reserva o teu lugar por mensaxe no instagram ou co QR e prepárate para unha experiencia enriquecedora e emocionante!